O concepto de adicar un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse na Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Dende entón, foi tomado por gobernos, organizacións internacionais e caridades ó longo todo o mundo.
Dende 1988 ata 2004, o Día Internacional da Loita contra a SIDA foi organizado por UNAIDS (ONUSIDA, Programa conxunto de las Nacións Unidas sobre el VIH SIDA), organismo que escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En
Neste día realízanse cerimonias para recordar ás persoas mortas vítimas da HIV/SIDA. Os gobernos e profesionais da saúde tamén realizan actos especiais neste día como conferencias e discursos sobre temas relacionados cá SIDA. Dende 1995 o presidente dos Estados Unidos proclamou oficialmente o Día Mundial de la Loita contra a SIDA.
Pero... Que é a SIDA?
SIDA é o acrónimo da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida que afecta aos humanos infectados polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Dise que unha persoa padece a SIDA cando o seu organismo, debido á inmunodepresión provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións.
Cabe destacar a diferenza entre estar infectado polo VIH e padecer a SIDA. Unha persoa infectada polo VIH é seropositiva, e pasa a ter un cadro de SIDA cando o seu nivel de linfocitos T CD4 (que son o tipo de célula á que ataca o virus) descende por debaixo de 200 células por mililitro de sangue. O VIH transmítese a través dos fluídos corporais coma o sangue, seme, secrecións vaxinais e o leite materno.
Transmisión.
O seme e o líquido vaxinal son uns fluídos cun gran volume de VIH. Durante as prácticas sexuais prodúcense unha serie de feridas diminutas polas que facilmente se pode transmitir o VIH. Por iso, practicar o sexo sen protección é unha práctica moi perigosa. O VIH transmítese tanto no sexo vaxinal, como no anal e o oral. Este último é perigoso si se produciu algunha ferida na boca. Transmítese entre persoas de diferente ou mesmo sexo. A menstruación aumenta o risco de transmisión debido ao sangue que se libera.

O símbolo do lazo vermello ten dous significados: RESPONSABILIDADE e SOLIDARIDADE.
Prevención.
Xa vimos as formas de contaxio, agora vexamos cómo previlas:
- Por vía sexual: Sempre que se teñan relacións sexuais con penetración (anal, vaxinal u oral) e se descoñeza se algunha das persoas é ou non seropositiva ao VIH, debese utilizar de forma adecuada o preservativo como método preventivo. Hoxe, cada día, se contaxian de VIH 14.000 persoas no mundo, e case o 90 % dos contaxios son por transmisión sexual.
- Por vía sanguínea: Compartir material de inxección conleva un risco moi alto de contaxio. Na actualidade esta práctica queda circunscrita case exclusivamente ás persoas que se inxectan drogas ilegais. A prevención centrase na utilización de material de inxección (xiringa e agulla) dun solo uso e recipiente individual, ou a esterilización correcta en cada nova utilización.
- Por vía perinatal: Se unha muller con VIH decide quedar embarazada terá que ter en conta que vai ser un embarazo de risco. Polo que deberá efectuar un rigoroso seguimento médico do mesmo, sabendo ademais que hai tratamentos que diminúen o risco de transmisión do VIH do seu bebé.
Temas do día mundial contra a SIDA.
1988 - Comunicación.
1989 - Xuventude.
1990 - As mulleres e a SIDA.
1991 - Compartindo a loita.
1992 - Compromiso da comunidade.
1993 - Actuar.
1994 - A SIDA e a familia.
1995 - Dereitos compartidos, responsabilidades compartidas.
1996 - Un mundo. Unha esperanza.
1997 - Nenos vivindo nun mundo con SIDA.
1998 - Forza para cambiar: campaña mundial da SIDA coa xente xoven.
1999 - Escoita, aprende, vive: campaña mundial da SIDA con nenos e xente xoven.
2000 - SIDA: os homes fan a diferenza.
2001 - A min impórtame. E a ti?
2002 - Estigma e discriminación.
2003 - Estigma y discriminación.
2004 - Mulleres, rapazas, VIH e SIDA.
2005 - Para a SIDA. Mantén o compromiso.
2006 - Para a SIDA. Mantén o compromiso. Responsabilidade.
2007 - Para a SIDA. Mantén a promesa.
2008 - Para a SIDA. Mantén a promesa.
2009 - Para a SIDA. Mantén a promesa.
2010 - Para a SIDA. Mantén a promesa.
Deixo un vídeo da loita contra a SIDA:
Aquí deixo o enlace á páxina de Corporación de Lucha contra el SIDA.
Fontes: Wikipedia, Prevención del Sida e La Revista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario