jueves, 16 de diciembre de 2010

Comeza a Liga Indoor.





O tempo que se leva disputando esta competición de Fútbol Indoor, so participaban nela os equipos Campións de Liga, é dicir, R.C. Deportivo, F.C. Barcelona, R. Madrid, C.Atlético de Madrid, Valencia C.F., Athletic Club de Bilbao, Real Sociedad, Sevilla F.C. e R. Betis.

O palmarés desta competición de fútbol indoor é a seguinte:


Campións de Liga:
2 veces - R.C. Deportivo (2007/08 e 2009/10)
1 vez - F.C. Barcelona (2008/09)

Campións de Copa:
2 veces - R.C. Deportivo (2007/08 e 2009/10)
1 vez - R. Madrid (2008/09)

Có novo formato pasan de 9 a 20 equipos que estarán repartidos en catro grupos de cinco equipos cada un. O criterio de participación basase na Clasificación Histórica de Primeira División e participarán os seguintes equipos: Madrid, Barcelona, Valencia, Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Real Sociedad, Zaragoza, Betis, Deportivo, Celta, Valladolid, Racing de Santander, Sporting de Gijón, Oviedo, Osasuna, Mallorca, Las Palmas e Málaga.

Xogarán a Copa del Rei os primeiros clasificados xunto aos dous mellores segundos e aos dous mellores terceiros disputándose Cuartos de Final, Semifinais e Final a partido único en campo neutral. A Liga se decidirá nuns play-offs entre primeiros e segundos de todos os grupos a dobre partido en Cuartos e Semis e a partido único na Final.

O Deportivo quedou encadrado no grupo 2 xunto a Sporting de Gijón, Oviedo, Valladolid e o Celta (que tamén é casualidade que cas dúas peores afeccións que nos levamos nos toquen no mesmo grupo). Os coruñeses xogarán o seu primeiro partido de grupo fronte ao Celta en Vigo o 14 de xaneiro.

Aquí deixo o enlace para ver o calendario.


Tamén deixo o enlace da páxina web de Fútbol Indoor Events.



VAMOS SUPERDEPOR!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario