lunes, 13 de diciembre de 2010

Orzamentos oficiais.

O Real Club Deportivo de A Coruña S.A.D. presentou as Contas correspondentes ao Exercicio Económico Xuño 2009 - Xuño 2010 (2009/10). Destas contas dedúcese unha débeda bruta total de 107.015.983,11 €; o que se corresponde a unha débeda neta de 84.467.757,41 €.

Polo tanto, a débeda bruta total reduciuse en 14.976.640,89 € respecto ao Exercicio Económico anterior (2008/09) e en máis de 53 millóns de euros respecto ao Exercicio Económico de 2007/08.

Algo moi importante é ter en conta que o total da débeda a Curto Prazo representa só un 31,18 % do total da mesma. Para valorar ben isto compre ter en conta o que supoñen tódalas cuantiosas débedas vencidas, ou preto de vencer, que manteñen varios Clubes co Deportivo.

O Proxecto de Orzamento de Gastos para o Exercicio Económico de 2010/11 está valorado en 52.850.000,00 €; uns Orzamentos que se veñen reducindo de xeito constante dende os 92 millóns de euros do Exercicio Económico 2000/01.

Para dispor das Contas oficiais da Sociedade preme na seguinte ligazón:
Contas do R.C. Deportivo.

Así mesmo, o Clube emitiu un comunicado confirmando a data de convocatoria para as Xuntas Xerais de Accionistas os días 28 e 29 de Decembro.
Para ve-lo preme nesta ligazón:
Comunicado de convocatoria da Xunta Xeral de Accionistas.


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario