domingo, 28 de noviembre de 2010

Respira Portugal.

Rematou a xeira se perder do Deportivo aínda que cun resultado non moi preocupante.
Partido non moi bonito, cun serio dominio do equipo local aínda que se finalizar as ocasións. O Depor tivo unha gran oportunidade por parte de Adrián cunha gran internada que rematou cun balón estrelado no pau e logo outra ocasión de Juan Rodriguez logo dun gran pase de Adrián. Pouco máis que destacar nun partido xogado máis ben nunha horta ca nun campo de fútbol.
O Rácing errou un penalti rematando o partido ao estrelar o balón ao largueiro.


Rácing de Santander 1 - 0 R.C. Deportivo.

Gol:
1 -0 ... min. 61; Rosenberg


Rácing: Toño; Francis, Henrique, Torrejón, Christian; Kennedy, Lacen, Colsa, Munitis; Rosenberg, Iván Bolado.
Trocos: Edu Bedia por Iván Bolado (min.72) e Ariel por Rosenberg (min.87).

Deportivo: Aranzubía; Colotto, Lopo, Aythami, M. Pablo, Seoane; Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Adrián, Desmarets; Pablo Álvarez.
Trocos: Desma por Valerón (min. 58), Pablo Álvarez por Lassad (min. 71) e Juan Rodriguez por Urretra (min. 82).

Árbitro: Carlos Clos Gómez (comité aragonés) mostrou cartóns amarelos a Rubén por parte do Deportivo e a Rosenberg polo Racing. Señalou un dudoso penalti de Aythami a Rosenberg. Nota: 3.






Positivo:
- Aranzubia: Outra vez o porteiro rioxano tivo un grande protagonismo no partido facendo varias paradas en momentos moi importantes do partido.

- Atacantes: Parece que os dianteiros do Depor están comezando a ter un gran protagonismo no xogo ofensivo do equipo herculino tendo as dúas mellores ocasión do Deportivo en todo o partido.


Negativo:
-Rematou a xeira: Rematou tanto a racha do Deportivo sen perder, que era xa de 6 partidos consecutivos, como a de non perder no Sardinero dende a tempada 95-96.

-A defensa: Non tivo o día hoxe, tivo erros en varios despexes, o que propiciou ocasións do Rácing, e un mal despexe de Lopo fixo que lle rebotase o balón na perna a Rosenberg en anotara o único gol do encontro.


En conclusión, o Depor rematou hoxe a súa xeira gañadora pero tranquilos, porque o resultado non foi preocupante, aínda que o xogo si, axudado tamén por un mal estado do terreo de xogo e un árbitro un pouco polémico. O luns chega o Hércules e é unha grande oportunidade para afianzarse na parte media da táboa.
Tampouco o campo favoreceu ao xogo de toque dos deportivistas xa que o céspede estaba en moi malas condicións, os xogadores remataron o partido coas camisetas marróns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario