O Dépor non foi quen de facerlle fronte ao Atlético na visita ao Calderón en gran parte porque o árbitro non viu (ou non quixo ver) algunhas accións polémicas.
No minuto 5 pita un penalti executado por Forlán en contra do Dépor que atalla Aranzubia. Tres minutos despois chega o gol de Agüero logo de recibir o pase en fora de xogo. No minuto 30 Javier Estrada Fernández non pita un claro pisotón de Tiago a Urreta (que ata o di Andujar) na área colchoeira o que podería ser o 1- 1.
Na segunda metade dominio do conxunto visitante aínda que sen moitas chegadas á portería.
Nada máis que salientar nun partido que de ser ben pitado, podería ser un partido emocionante. O Atlético parece que espertou un pouco, non ía sen hora, e o Dépor segue ao seu, cumprindo e gañando na casa, e facendo o que pode fora de Riazor.
Atlético de Madrid 2 - 0 R. C. Deportivo.
Goles:
1 - 0 ... min.7; Agüero.
2 - 0 ... min.35; Agüero.
Atlético: De Gea; Ujfalusi, Perea, Domínguez, Filipe Luis; Reyes, Tiago, Raúl García, Simao; Forlán, Kun Agüero.
Trocos: Fran Mérida por Forlán (m. 79), Mario Suárez por Raúl García (m. 83) e Diego Costa por Reyes (m. 85).
Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Saúl, Juan Rodríguez, Antonio Tomás, Urreta; Lassad.
Trocos: Juan Domínguez por Aythami (m. 45), Adrián por Urreta (m. 66) e Valerón por Juan Rodríguez (m. 82).
Árbitro: Javier Estrada Fernández (Catalunya). Amonestou a Perea (m. 48) por parte do Atlético e a Aranzubia (m. 5), Manuel Pablo (m. 8) e Juan Rodríguez (m. 13) por parte do Dépor. No viu o fora de xogo de Agüero no primeiro gol nin o penalti de Tiago a Urreta na primeira metade. Nota: 0.
Positivo:
- Podería ser un partido máis igualado: O Dépor intentou estar á altura do encontro pero certos erros arbitrais deixárono fora. Na segunda metade o equipo que dominou foi o herculino pero sen moitas chegadas.
- Valerón: O mago de Arguineguín volveu desputar un encontro de Liga no que deixou algún detalle de calidade. Houbo xente non deportivista que se puxo de pé coa saída ao campo do canario.
Negativo:
- Partido para esquecer: Un tropezo teno calquera, hai que seguir e pensar xa no próximo partido contra o Sporting e rematar o ano cunha vitoria na Liga.
En conclusión, partido non moi brillante do Dépor que adiantou as liñas e iso matouno, pero como dos erros aprendese... Polo resto hai que facer borrón e conta nova e gañar en Riazor o próximo sábado ante Sporting e rematar o ano ben. Esperase que Riazor presente unha boa entrada o que esperemos que lle axude ao Deportivo.
Seguimos de 12º á espera do que faga o Hércules que xoga na casa fronte a un Málaga moi necesitado, e o Osasuna que xoga contra o Valencia en Mestalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario