Loita por Samaras.
Lotina pediu reforzos na dianteira no mercado de inverno e un candidato é o grego Georgios Samaras.
Georgios Samaras (1,93 m., 82 kg) ten 25 anos e empezou a forxarse coma futbolista ao fichar no ano 2003 polo Heerenveen, equipo holandés onde xoga o español Sergio García García, onde marcou 29 goles en 2 tempadas. Isto fixo que o Manchester City se fixase nel e o fichara por unha cantidade preto dos 9 millóns de euros. Sveen-Goran Eriksson, adestrador do City, non contou demasiado có grego o que fixo que este precipitara a súa saída do equipo inglés con rumbo ao Celtic de Glasgow onde marcou 40 goles nestas últimas dúas tempadas. Foi convocado para xogar a Eurocopa de Austria e Suíza de 2008.
O Deportivo non terá fácil a súa incorporación debido a que compite có Liverpool e cun equipo español. Segundo os rumores do mercado, o Depor e o outro clube da Liga BBVA presentaron ofertas formais; o Liverpool non pareceu interesado xa que aínda non fixo ningunha oferta.
O grego rematará o seu contrato co Celtic en Xunio de 2011 e non está disposto a renovar xa que o clube mostra interese por todas as ofertas. O problema para que o Deportivo fiche a Samaras é a cantidade que ofrezan os outros clubes interesados, xa que o Depor non se poder permitir luxos. A chegada de Samaras á Coruña dependerá en gran medida do interese que teña Roy Hoodson nel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario