lunes, 6 de diciembre de 2010

Herculinos 1 - 0 Herculanos

Partido importante para o Deportivo que remata cunha vitoria local e tres puntos que quedan na casa, o que sitúa ao Dépor na 12ª posición, a 5 puntos dos postos europeos.
O encontro non foi nada do outro mundo, unha primeira parte moi sosa cun claro dominio do Dépor e con dúas boas xogadas de Urretra, para min o mellor xunto con Lassad do partido e cun penalti non pitado a Lopo por un agarrón de Abel Aguilar que remata derrubando ao central deportivista dentro da área. Na segunda parte o encontro animouse cunha gran xogada de Adrián, o dianteiro do Dépor recibe na frontal, recorta a dous xogadores cruza o balón que despexa Calatayud cunha gran intervención.
Xa no minuto 72 o solitario gol de Lassad deu a vitoria ao conxunto coruñés aínda que o Hércules tivo unha ocasión no minuto 90 para empatar o partido.



R.C. Deportivo 1 - 0 Hércules F.C.

Gol:
1 - 0 ... min. 72; Lassad


Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Antonio Tomás, Rubén Pérez; Saúl, Urreta, Adrián.
Trocos: Lassad por Adrián (min. 66), Juán Dominguez por Antonio Tomás (min. 76) e Pablo Álvarez por Urretra (min. 81).

Hércules: Calatayud; Peña, Paz, Pamarot, Cortés; Fritzler, Abel Aguilar, Tote, Drenthe; Valdez y Trezeguet.
Trocos: Tiago por Fritzler (min.54), Kiko Femenía por Drenthe (min. 61) e  Portillo por Valdez (min. 79).


Árbitro: Fernández Borbalán (colexio andaluz). Mostrou tarxeta amarela a Manuel Pablo e a Lopo por parte do Dépor e a Paz, a Peña, a Fritzler e a Drenthe por parte de Hércules. Acertou no piscinazo de Drenthe pero fallou no agarrón de Abel Aguilar a Lopo. Nota 6.







Positivo:
- O sistema funciona:  A pizarra de Lotina funciona e o sistema de cinco defensas, que en realidade son tres, funciona, só fallou nun partido. Dos últimos oito partidos o Deportivo só perdeu un (contra o Rácing de Santander).

- A afección: A pesar de ser o partido do luns, nunha noite chuviosa e nunha ponte Riazor presentou unha entrada duns 17.000 afeccionados e cun ambiente moi animado.


Negativo:
- Un partido aburrido: A primeira parte non foi moi vistosa e aínda que a segunda prestouse un pouco máis ao espectáculo non foi un partido divertido (ata que gañamos).



En conclusión, 3 puntos moi valiosos que nos sitúan na parte media da táboa mirando cara Europa,  a plantilla afianzase como equipo e Riazor é un fortín para o Dépor. Como dato deixo que o Hércules visitou Riazor en só 5 ocasións na Primeira División. As cinco visitas herculanas remataron con vitoria do Deportivo, coa de hoxe xa suman seis vitorias:


1941/42: Deportivo 3-1 Hércules.
1954/55: Deportivo 2-1 Hércules.
1955/56: Deportivo 3-0 Hércules.
1966/67: Deportivo 1-0 Hércules.
1996/97: Deportivo 4-0 Hércules.

2010/11: Deportivo 1-0 Hércules.

- 6 Partidos.
- 6 Vitorias do Deportivo.
- 0 Empates.
- 0 Vitorias do Hércules.
- 14 Goles do Deportivo.
- 2 Goles do Hércules.

No hay comentarios:

Publicar un comentario