Lendoiro falou hoxe sobre a vindeira campaña.
Para evitar casos como a marcha de Pablo Iglesias ó Madrid, o presidente declarou que ``si nos volcamos con la cantera, la cantera tiene que volcarse con nosotros´´.
Lendoiro afirmou hoxe que ten "a palabra" do presidente do Real Madrid, de que o clube branco compensará ao Deportivo polo fichaxe, o pasado verán, do cadete branquiazul, Pablo Iglesias.
O pasado mes de agosto, o Real Madrid fíxose coa ficha do centrocampista canteiran deportivista, un xogador con boa proxección que, ante a oferta do clube branco, descartou firmar un contrato có equipo coruñés, algo que aínda algo lóxico, non moi bonito.
Sobre o caso de Pablo Insúa, no que están interesados Manchester City, Valencia e Sevilla, comentou que ``Él tiene contrato esta temporada y tres más, pero es un contrato aficionado. Estoy convencido de que va a firmar lo que llevamos años de acuerdo, porque lo que queremos no es renovar a Insua, sinó que tenga otro tipo de contrato´´.
Tamén mencionou as débedas que teñen equipos de Primeira División: ``Podríamos hablar de seis, siete clubes que nos deben cantidades importantes pero no lo decimos porque no nos parece que sea un favor ni para nosotros ni para ellos. Deudas vencidas, exigibles, con el Deportivo de clubes españoles están por encima de seis, siete u ocho millones de euros´´
Cambios na plantilla.
O vindeiro verán volverá ao Club Ernesto Bello como brazo dereito de Lendoiro para facer a nova plantilla.
Ata 11 xogadores rematan o contrato para a vindeira campaña e entre 5 e 8 non renovaran o que fai que xa se estén buscando novas incorporacións para a tempada 2011- 2012
Manu, Antonio Tomás e Adrián son os que teñen unha renovación máis complicada debido a mala relación entre o representante, Eugenio Botas, e Lendoiro.
Míchel volverá ó Valencia. Urreta e Rindaroy teñen opción de compra pero la del xogador uruguayo é de 15 millóns de euros; mentres que a do noruego non pasa do millón de euros polo que se supón que será efectuada.
En canto a "Desma" o normal sería que renovase outro ano. Espera que Manuel Pablo e Valerón colgen as botas este ano, este último quedaría no Deportivo en canto a traballo na canteira peñas, etc.
En canto a Lopo e Juan Rodriguez esperase a súa marcha xa que as súas pretensións económicas son demasiado elevadas para o equipo herculino pero as negociacións aínda están abertas.
Por último esta a pregunta de que estará no banquillo coruñés o ano que ven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario