domingo, 14 de noviembre de 2010

0-0 no Iberostar e un punto valioso.

O Mallorca, como local que era, levou o peso do xogo e tivo o dominio do balón aínda que as ocasións foron bastante igualadas.
No Mallorca Nsue enviou un balón ao travesaño e outro rozando o pau en despistes da zaga deportivista que no resto estivo perfecta. Pola banda do Dépor, Lopo mandou por encima da portería un balón fácil coa porta baleira. Adrián tivo unha gran ocasión ao principio pero Aouate fixo unha gran intervención. Nada máis salientable nun partido normaliño.


R.C.D. Mallorca 0 - 0 R.C. Deportivo.

Mallorca: Aouate; Ratinho, Nunes, Ramis, Ayoze; Joao Víctor, Martí; Nsue, De Guzmán, Pereira, Webó.
Trocos: Chori Castro por Nsue (m. 60) e Cavenaghi por Martí (m. 74).

Depor: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Juan Rodríguez, Rubén Pérez; Saúl, Adrián, Riki.
Trocos: Desmarets por Saúl (m. 63), Lassad por Riki (m. 71) e Valerón por Adrián (m. 91).

Árbitro: Teixeira Vitienes (colexio cántabro). Mostrou Tarxeta amarela a Martí (m. 73) e Ayoze (m. 90) polo Mallorca e a Seoane (m. 75) por parte do Deportivo. Nota: 8










Positivo:
- Imaxe: O equipo está en boa situación o que fai que haxa un maior toque de balón

- 5 partidos invicto: O Dépor leva 5 partidos sen perder. 3 vitorias, 2 empates, 8 goles a favor e 2 en contra.


Negativo:
- Lesións: A pesar de recuperar a Desmarets e Juan Domínguez, a clínica do Dépor está con 8 xogadores lesionados. Entre eles Guardado, que aínda non participou nesta remontada.


En conclusión, bo resultado acadado hoxe en San Moix, un punto valioso que reafirma a saída do descenso (15º posto con 11 puntos) e cunha moral bastante alta para afrontar o próximo partido contra o Málaga en Riazor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario