viernes, 26 de noviembre de 2010

Orzamentos para a tempada 2011-2012.

Lendoiro compareceu hoxe venres 26 durante máis dunha hora ante os medios de comunicación para presentar as contas do Deportivo.





A débeda neta esta tempada do Deportivo quedaría en 83 millóns de euros, que tras o traspaso de Filipe Luís ao Atlético de Madrid baixaría a 68 millóns. No Exercicio 2009/10, o superávit é de 30.000 euros e o orzamento previsto para a 2010/11 é de 52 millóns de euros.
A débeda bruta redúcese dende os 122 millóns do exercicio anterior ata os 105 millóns de euros que se presentarán no actual exercicio.
A tendencia será que o orzamento na tempada 2014/15 se sitúe entre 40 e 50 millóns de euros e a débeda bruta en 20 millóns de euros. O obxectivo é que en 7 ou 8 anos a débeda do Deportivo sexa cero.
O presidente do Deportivo tamén asegurou que en canto o clube conseguira reducir as débedas ao mínimo poderíase volver a realizarse algún fichaxe de certo nivel económico para poder loitar por entrar na Europa League e incluso, por que non, por entrar na Champions e volver aos tempos do Superdepor.
Nos primeiros días da vindeira semana, os accionistas terán ao seu dispor a información cara á Xunta Xeral de Accionistas (28 e 29 de Decembro).
Lendoiro considera "fundamental" que o primeiro equipo se manteña na Primeira División, e mantén que "Agardamos que unha vez reducida a débeda podamos fichar a xogadores de certo custo económico e confiamos en que de Abegondo saia de media un xogador cada tempada".

No hay comentarios:

Publicar un comentario