sábado, 13 de noviembre de 2010

O Dépor, 4º mellor equipo da LFP nesta década.

A revista dixital Cihefe publicou un estudio basándose nos datos elaborados pola IFFHS (Federación Internacional de Historia e Estatística no Fútbol) unha clasificación de equipos por méritos deportivos na última década (2000-2010).

Os criterios que seguen son:
- Participación na Champions, Supercopa de Europa ou Mundial de Clubes: 9 puntos por vitoria; 3 puntos por empate.
- Participación na Europa League/Copa da UEFA: 6 puntos por vitoria; 2 puntos por empate.
- Participación na Primera División, Copa do Rei, Supercopa de España e Copa Intertoto: 3 puntos por vitoria; 1 punto por empate.

A clasificación xeral é a seguinte:
1º Barcelona -- 1630 puntos
2º Madrid -- 1482 p.
3º Valencia -- 1236 p.
4º Deportivo -- 1024 p.
5º Sevilla -- 1014 p.
6º Villarreal -- 934 p.
7º Atlético M. -- 783 p.
8º Mallorca -- 674 p.

Tanto na Champions League, como na Liga ou na Copa o Deportivo ten a 4ª praza nas clasificacións xerais de cada competición.

A clasificación da Champions League 2000-2010:
1º Barcelona -- 224 puntos
2º Madrid -- 197 p.
3º Valencia -- 102 p.
4º Deportivo -- 92 p.
5º Sevilla -- 38 p.
6º Villarreal -- 36 p.

A clasificación da Primeira  División 2000-2010:
1º Madrid -- 779 puntos
2º Barcelona -- 750 p.
3º Valencia -- 652 p.
4º Deportivo -- 594 p.
5º Villarreal -- 581 p.
6º Sevilla -- 554 p.

A clasificación na Copa do Rei 2000-2010:
1º Sevilla -- 109 puntos
2º Atlético -- 97 p.
3º Barcelona -- 95 p.
4º Deportivo -- 86 p.
5º Mallorca --86 p.
6º Madrid -- 84 p.

Este estudo non inclúe o campionato de Liga que conseguiu o Deportivo na tempada 1999/2000 polo que comeza a contabilizar a partir do verán do 2000 e valora os seguintes logros do Deportivo 2000-2010:

- 2 Subcampionatos de Liga (2000/01 e 2001/02)
- 1 Copa do Rei (2001/02)
- 2 Supercopas (2000 e 2002)


Fontes: Revista Cihefe

No hay comentarios:

Publicar un comentario