

Estanse a "cargar" o fútbol,baleirando estadios, bares.... A día de hoxe, ata unha semana antes do partido en cuestión non sabes que día vai xogar o teu equipo nin a que hora nin nada, o que impide que moitos afeccionados que queiran viaxar para ver ao seu equipo fóra da casa non poidan facelo ou os que queiran ir velo na casa non saiban se poden ir ou non porque non saben a que hora é. Está claro que 200 euros que costa o desprazamento que arriscas porque non sabes o día do partido para os dirixentes do fútbol e das televisións non son nada, pero para os verdadeiros afeccionados ao fútbol que queren seguir e animar ó seu equipo vaia a onde vai non so poden permitir.
A LFP é das poucas ligas grandes (que grandes son todas) que non ten fixado os partidos e os seus horarios antes do inicio da competición, algo non moi lóxico, será moito traballo para os donos do fútbol facelo?. A isto hai que sumarlle o prezo das entrada que é un dos máis altos de Europa. Un exemplo é que os afeccionados do Borusia de Dormund non ían acudir ao seu derbi fronte o Schalke 04 debido ao alto prezo (para eles) das entradas para o seu sector,o prezo desta entrada era de 22 euros (a máis barata).
Xa van, contado o Depor - Hércules que se xogará o luns 6 de decembro ás 9 da noite, tres partidos que o Deportivo ten que xogar un luns (Xornada 3: Deportivo 2 - 2 Getafe C.F. e Xornada 8: Real Sociedad 3 - 0 Deportivo) isto tradúcese en bancadas case baleiras e un cabreo dos afeccionados dos dous equipos moi grande. NON AO FÚTBOL OS LUNS.
Estando de acordo en moitas das afirmacións (prezo das entradas, tardanza en coñecer as datas dos partidos, que haxa un equipo que lle "toca" moitas veces xogar en luns,...) pero o argumento dos campos baleiros contradícese cos partidos europeos ou co partido de liga de mañá que seguro estará ata a bandeira. Iso si, NON AO FÚTBOL OS LUNS. O negocio pode rematar...
ResponderEliminarO de baleiros é un decir, pero con moita menos entrada ca os partidos do fin de semana si. En canto ao partido de hoxe Barça - Real Madrid seguro que estara cheo, pero posiblemente non tanto coma tempadas anteriores.
ResponderEliminarNo tema dos partidos europeos soamente hai 2 ligas que non xogan o sábado ou o domingo, o caso da Premier (que xoga a metade dos partidos o martes ás 19:45) e a holandesa (que os venres). En ambo-los dous casos é un horario un pouco favorecedor para as persoas que teñan que madrugar ao dia seguinte.
Aquí deixo un enlace co calendario para toda a tempada das pricipais ligas europeas: http://www.foro-apuestas.com/futbol-europeo/11205-calendario-futbol-europeo-2010-2011-a.html