jueves, 3 de marzo de 2011

0-0 e outro puntiño para a casa.

Onte o Dépor enfrontabase a un dos rivais máis díficiles na súa casa, tan só perdeu un partido (Osasuna 0-3 Barça) pero conseguiu manter a porteria a cero, grazas a unha solida defensa e a unha boa parada de Aranzubía no minuto 86. Guardado tamén foi unha peza clave no desenrolo do partido, isto demostra que xa está ao 100% (haber se non se volve lesionar).


C.A. Osasuna 0 - 0 R.C. Deportivo

Osasuna: Ricardo; Nelson, Lolo, Sergio y Monreal; Puñal, Neko, Cejudo (Soriano, m. 59) Masoud (Coro, m. 37), Camuñas e Lekic (Kike Sola, m.78).

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Morel, Juan Rodríguez, Antonio Tomás, Guardado (Pablo Álvarez, m. 55), Adrián (Lassad, m. 85), Michel e Sand (Riki, m. 63)

Árbitro: Delgado Ferreiro (Colexio Vasco). Amonestou con cartón amarelo a Lopo (m. 50) e Juan Rodríguez (m. 87) por parte do Deportivo e a Lolo (m. 79) e Monreal (m. 90) por parte do Osasuna. Normaliño na súa actuación. Nota: 7.



 Positivo:
- 4 partidos sen coñecer a derrota: O Dépor xa leva 4 xornadas consecutivas sen perder (Vilarreal, Almería, Madrid e Osasuna), algo crucial para a salvación.

- Guardado e Aranzubía: O mexicano demostrou que está completamente recuperado da recaída, peza fundamental para o Deportivo. O rioxano segue sendo o salvador coas súas intervención.


Negativo:
- Seguimos a tres do descenso: Aínda que o Deportivo non perda puntos, os de abaixo tampouco a fan e seguimos igual que hai 5 xornadas.

- Sen goles: Nestes catro últimos partido non houbo goles dos dianteiros, algo fundamental para gañar partidos, só viron porteria nestas 4 xornadas Lopo (fronte o Vilareal) e Aranzabía (fronte o Almería).



En conclusión, a pesar desta xeira de partidos invictos hai que marcar goles e leverse tres puntos en cantos máis partidos mellor. O luns contra a Real verase como continua o equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario