jueves, 24 de febrero de 2011

23-F

Eran as 6:22 da tarde e Leopoldo Calvo-Sotelo, da UCD (Unión de centro democrático), estaba a punto de ser nomeado presidente do goberno tras a dimisión del presidente, también da la UCD, Adolfo Suárez.Foi entón cando irrompe no Congreso o teniente coronel Antonio Tejero cunha pistola na man, sube á tribuna onde estaba o deputado Manuel Nuñez emitindo o seu voto e berra a famosa frase: "Quieto todo el mundo". Neste momento comeza a proba máis importante para a democracia española.

Como militar da máis alta graduación alí presente e como vicepresidente do gobierno, o tenente xeneral Gutiérrez Mellado levantouse e, dirixindose a Tejero, increpou aos asaltantes, pedindo explicacións e ordeándolles que abandoasen as armas. Tras un brevísimo forcexeo e para reafirmar a súa orde, Tejero efectúa un disparo, seguido por unhas ráfagas dos subfusiles dos asaltantes. Sen inmutarse, cos brazos apoiados Mellado soporta o son das armas. Mentras que a maior parte dos deputados tiranse no chan, menos Carrillo (presidente do partido comunista) e Suárez, que se manteñen sentados nos seus escanos. Suárez incluso fai un xesto para axudar a Gutiérrez Mellado.

Máis tarde Adolfo Suárez, o ministro de Defensa e presidente da UCD, Agustín Rodríguez Sahagún, o socialista Felipe González, o segundo na lista do PSOE, Alfonso Guerra, e o líder do Partido Comunista, Santiago Carrillo foron chamados aparte.

Pouco despois e sguindo o plan previsto, sublevouse en Valencia o Capitán Xeral da III Rexión Militar, Jaime Milans del Bosch, que sacou algunas compañías de carros de combate por Valencia, dende o porto ata o centro, donde apuntaban aos edificios institucionais, como o Concello ou as Cortes valencianas.

As nove da noite, un comunicado do Ministerio do Interior informaba da constitución dun goberno provisional coos subsecretarios de todos os ministerios, presidido por Francisco Laína director da Seguridade do Estado, para asegurar a gobernación do Estado. Entretanto, outro xeneral golpista, Torres Rojas, fracasaba no seu intento de suplantar no mando da División Acorazada Brunete ao xeneral Juste, xefe da mesma.

Á unha e catorce minutos da madrugada do 24 de febreiro, o rei interviu en televisión, vestido con uniforme de Capitán Xeneral dos Exércitos para situarse contra os golpistas, defender a Constitución española, chamar ao orde ás Forzas Armadas na súa calidade de Comandante en Xefe e desautorizar a Milans del Bosch. A partir de ese momento o golpe fracasou. Milans del Bosch, aislado, cancelou os seus plans ás cinco da maña e foi arrestado, mentras que Tejero resisteu ata o mediodía do 24. Sen embargo, xa durante a mañana do día 24 foron liberados os deputados.




Tejero saiu do congreso, due a man como agradecemento a todos os militares que o apoiaron e entregouse.



No hay comentarios:

Publicar un comentario