O Día Internacional da Muller Traballadora, ou Día Internacional da Muller, conmemorase cada 8 de marzo. É unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esta data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, podese contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento de ambolos dous xéneros por igual.
MOMENTOS CLAVE.
- O 8 de marzo de 1909, nunha multitudinaria manifestación esixíronse melloras nas condicións laborais das mulleres.
- O día 27 de septembro de 1909, máis de 20.000 obreiros do sector textil, na súa maioría mulleres inmigrantes, iniciaron no East Side da cidade de Nova York una folga de 13 semanas para reivindicar melloras na súa situación laboral. Durante esta folga houbo detencións, ataques violentos e despidos.
- En 1910, convocase a primeira folga da historia protagonizada exclusivamente por mulleres, todas elas obreiras da fábrica Triangle Shirtwaist Company, para reivindicar os seus dereitos laborais.
Todos estes feitos serviron de punto de partida para que a dirixente alemana Clara Zetkin, propuxera en 1910, na conferencia internacional de mulleres socialistas, desenrolar en Copenhague, institucionalizar o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller Traballadora, como reivindicación da súa loita polos dereitos das mulleres, que foi aprobada por unanimidade.
Entre estes dereitos encontrabanse a igualdade cós homes en canto á ocupación de cargos públicos, salario, formación, dereito a voto e á non discriminación laboral.
O 19 de marzo de 1911, en Austria, Alemania, Suecia e Dinamarca, celebrase por primeira vez o Día Internacional da Muller Traballadora, con mítins e manifestacións ás que acudiron máis dun millón de persoas.
A xornada tráxica na calle 14 de Manhattan.
O 25 de marzo de 1911, 146 mulleres traballadoras da Triangle Shirtwaist Company, na calle 14 de Manhattan, Nova York, pecharonse na fábrica negaronse a abandonar o edificio como protesta polas condicións de traballo e os salarios que percibían. Tras insistir na súa negativa, lanzáronse á fábrica bombas incendiarias, según parece polo propio empresario, para obrigalas a saír, pero o tráxico resultado foi a morte das 146 mulleres, calcinadas no incendio.
Este feito tivo gran trascendencia na sociedade estadounidense, pois provocou despois a proclamación en 1910 do 8 de marzo como o día internacional da muller traballadora. Os sucesos ocasionaron cambios na lexislación laboral, e foi un punto de partida ás reivindicacións dentro do movemento obreiro e feminista para impulsar as demandas de melloras laborales para a muller. As mortes foron rememoradas nas posteriores celebracións que se fixeron do 8 de marzo.
El Día Internacional de la Mujer Trabajadora en la actualidad.
Máis e máis cada ano, e tras o apoio conseguido pola ONU nas súas conferencias mundiais sobre a muller, a celebración do 8 de marzo como o día internacional da muller traballadora, representa o esforzo e o sacrificio que as mulleres realizaron para conseguir a igualdade no ámbito laboral, político e social, aínda que todavía son moitos os lugares onde a muller é discriminada e infravalorada fronte ao home, polo que aínda queda un longo camiño que recorrer neste aspecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario