Estes problemas son resultado de accións concretas, de contaminación, de aproveitamento excesivo ou descoidado, de construción..., determinadas polos modelos de produción e consumo e polos hábitos de vida, especialmente os da sociedade occidental. Resolver os problemas ambientais e prevelos, implica a necesidade de ir cambiando tales accións, de maneira que se modifiquen os efectos da nosa actividade individual e colectiva, para obter a sostebilidade. Cando a degradación do medio empeza a ser entendida como un problema social, surxe como resposta a educación ambiental.
ORIXEN.
No Congreso Internacional de Educación e Formación sobre o Medio Ambiente de Moscú (Nacións Unidas, 1987), propúxose a definición de educación ambiental como "un proceso permanente no cal os individuos as comunidades adquiren conciencia do seu medio e aprenden os coñecementos, os valores, as destrezas, a experiencia e tamén a determinación que lles capacite para actuar, individual e colectivamente na resolución dos problemas ambientais presentes e futuros " .
Os obxectivos enunciados para a EA son:
- Favorecer o coñecemento dos problemas ambientais, tanto locais como globais.
- Capacitar ás persoas para analizar de forma crítica a información ambiental.
- Facilitar a comprensión dos procesos ambientais en conexión cós sociais, económicos e culturais.
- Favorecer a adquisición de novos valores proambientais e fomentar actitudes críticas e construtivas.
- Apoiar o desenrolo dunha ética que promova a protección do medio ambiente dende unha perspectiva de equidade e solidariedade.
- Capacitar ás persoas no análise dos conflitos socioambientais, no debate de alternativas e na toma de decisións para a súa resolución .
- Fomentar a participación activa da sociedade nos asuntos colectivos, potenciando a responsabilidade compartida hacia o entorno.
Os lemas elixidos foron os seguintes:
-1990 - Os nenos e o medio ambiente.
-1991 - Cambio climático. É necesaria a solidariedade global.
-1992 - Só unha Terra.
-1993 - Pobreza e medio ambiente, romper o círculo vicioso.
-1994 - Un planeta, unha familia.
-1995 - Nós, os pobos: Unidos polo medio ambiente global.
-1996 - A nosa Terra, o noso hábitat, o noso fogar.
-1997 - Pola vida na Terra.
-1998 - Pola vida na Terra. Salvar os océanos.
-1999 - A nosa Terra, o noso futuro, Salvémola!
-2000 - O milenio do medio ambiente. A hora de actuar.
-2001 - Conecta coa web da vida.
-2002 - Demos á Terra unha oportunidade.
-2003 - Auga. Dous mil millóns sofren sen ela!
-2004 - Búscanse! Mares e océanos Vivos ou mortos?
-2005 - Cidades verdes. Planear para o Planeta!
-2006 - Non abandones ós desertos!
-2007 - O desxeo - un asunto candente?
-2008 - Deixa o hábito! Hacia unha economía baixa en carbono.
-2009 - O teu Planeta necesítate – Unidos para Combater o Cambio Climático.
-2010 - Moitas especies. Un Planeta. Un Futuro.
-2011 - Bosques: a Natureza ao seu servizo.
Cada ano, a axencia das Nacións Unidas responsable da coordinación das actividades do Día Mundial do Medio Ambiente selecciona unha cidade como sede dos actos internacionais de conmemoración.
COMO CELEBRALO?
Actividades para a xuventude.
Campañas de limpeza.
Debates sobre temas ambientais.
Festivais.
Facer campañas para crear conciencia.
Libros e informes sobre o tema
Partidos de fútbol.
Rally en carretillas.
Talleres.
Zonas verdes protexidas pola comunidade.
Fontes: OIE
OIE 2
Wikipedia

No hay comentarios:
Publicar un comentario